Política de Privacidade

Última actualización: abril 2026

1. Responsable do tratamento

2. Datos que recollemos

A través do formulario de contacto do Sitio Web recollemos os seguintes datos:

  • Nome
  • Correo electrónico
  • Tipo de proxecto (opcional)
  • Mensaxe

Non recollemos datos especialmente protexidos nin datos de menores de 14 anos.

3. Finalidade e base lexitimadora

Os datos recollidos úsanse exclusivamente para:

  • Responder á túa consulta ou solicitude de orzamento
  • Xestionar a relación comercial se decides contratar os nosos servizos

A base lexitimadora é o teu consentimento ao enviar o formulario (art. 6.1.a RGPD) e, no seu caso, a execución do contrato de prestación de servizos (art. 6.1.b RGPD).

4. Conservación dos datos

Os datos consérvanse durante o tempo necesario para atender a túa consulta e, de existir relación contractual, durante o prazo legalmente esixido para o cumprimento de obrigas fiscais e mercantís.

5. Cesión a terceiros

Non cedemos os teus datos a terceiros, agás obriga legal. O formulario de contacto é xestionado a través de Netlify Forms, cuxas servidores poden estar fóra do Espazo Económico Europeo. Netlify Inc. cumpre co marco de transferencia de datos UE-EEUU. Podes consultar a súa política de privacidade en netlify.com/privacy.

6. Os teus dereitos

Podes exercer os seguintes dereitos escribindo a infopontedixital@gmail.com:

  • Acceso: coñecer os datos que temos sobre ti
  • Rectificación: correxir datos inexactos
  • Supresión: solicitar o borrado dos teus datos
  • Oposición e limitación: restrinxir o tratamento
  • Portabilidade: recibir os teus datos en formato estructurado

Tamén tes dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).

7. Seguridade

Adoptamos as medidas técnicas e organizativas necesarias para protexer os teus datos fronte a accesos non autorizados, perda ou alteración, de conformidade co RGPD e a LOPDGDD.

← Volver ao inicio